jueves, 31 de enero de 2013

O envalse das conchas (Muiños) contaminado

O verán pasado podíase comprobar coa propia vista como o envalse das conchas (Muiños) estaba afectado pola contaminación o atoparse cheo de algas e desprender un mal cheiro.

Os alcaldes da zona discutían sobre que medidas tomar para solucionar isto, pero a contaminación das augas durou máis de dous anos ocasionando graves consecuencias para as xentes da zona.

Reduciuse o turismo, ao non poder bañarse no encoro xa que podía producir danos para a saúde, e polo tanto nos bares da zona producíronse perdas económicas.
O lugar onde máis se producíron estás perdas foi no campamento de verán situado en muiños, onde todos os anos van rapaces a pasar as vacacións e mentras o río estivo contaminado reducíronse en gran número as plazas ocupadas, aínda que baixaron moito os prezos de dito campamento.
E por outro lado tamén se produciu a morte de númerosos peixes.

Finalmente no ano 2012, tras limpar as augas volveu estar permitido bañarse nelas.
- Esperemos que non volva suceder -

jueves, 24 de enero de 2013

Coruña afectada pola contaminación


- Unha ría da Coruña converteuse nunhas das máis contaminadas de Europa, xa que está chea de chatarra a causa das poboacións chabolistas situadas preto dela.

Agora a xunta de Galicia volveuna a abrir, pero os marisqueiros néganse a traballar nela, e ademáis a contaminación esquilmou a ría polo que non puideron retirar o marisco en catro anos. E foron as xentes da poboación chabolista quen se encargaron de roubar ditos crustáceos.

Polo que está ría pasou de ser unha das máis productivas a ser tan só miseria.


viernes, 11 de enero de 2013

A nosa provincia tamén se ve afectada pola contaminación

A nosa propia cidade - Ourense - está contaminada ambientalmente.
En Outubro do pasado ano a calidade do aire disminui a causa da gran cantidade de incendios que estaban a ocorrer, rexistrouse unha concentración media de PM10(contaminante procedente da combustión durante os incendios forestais) de máis de 123 microgramos por metro cúbico ata alcanzar incluso 151.

Nestas situacións existen dous niveis de emerxencias:
- Limiar de atención ( Actívase cando a concentración supera os 120 microgramos por metro cúbico)
- Limiar de alerta ( Actívase cando a concentración supera os 150 microgramos por metro cúbico)


Ambas dúas superáronse, pero non foron activadas na cidade de Ourense. A administración non considerou que se poducise un nivel de alerta suficiente, xa que os niveis non se conservaron durante 24h.
Pero en cambio si foi activada en Laza e en Verin, sen embargo os niveis do aire de ambas comarcas tampouco permaneceran estables durante todo día.
Os expertos consideran que este aire é altamente prexudicial para as persoas xa que pode ocasionar enfermidades respiratorias e aconsellan que se tomen medidas.

Para máis información : http://elpais.com/diario/2011/10/19/galicia/1319019491_850215.html