miércoles, 15 de mayo de 2013

O primeiro paisaxe protexido en Galicia


Por primeira vez Galicia, o día 14 de Novembro do 2008, posúe o primero paisaxe protexido na zona que vai dende a localidade de San Xoán de Río ata a Proba de Trives. Esta decisión tivo en conta a existencia dun paisaxe tradicional con predominio de árbores.

Convertendo esta zona nun paisaxe protexido, preténdese conseguir a protección dos habitats de interés comunitario,as poblacións e os habitats de especies de fauna e flora silvestre; ordear o espacio pondo en marcha actuacións que compatibilicen os valores naturais e o seu uso e disfrute e promover o coñecemento da zona.
Este decreto ademáis que incrementar a economía da zona, mediante o desenvolvemento de actividades como o turismo.

Por outro lado , este mesmo día o Consello da Xunta aprobou un decreto de ordeación do sector equino, a ampliación do capital do parque tecnolóxico de Ourense e a renovación do convenio que facilita ao sector da pesca a contratación de seguros para facer fronte as condicións meteorolóxicas desfavorables.





jueves, 21 de marzo de 2013

O AVE en Galicia



Nos últimos anos, un dos temas principais na sociedade Galega é o AVE. Este reducirá o tempo de chegada entre as zonas de Ourense e Vigo.
Este proxecto causará un gran impacto ambiental en todos os territorios Galegos polos que pase: mediante a tala de numerosas árbores, o mal estados dos ríos e regatos que pasen por esa zona...

A continuación amósase un video explicativo:

jueves, 28 de febrero de 2013

A roupa tamén pode resultar dañina para a salud

Greenpeace fixo un desfile en Pekín para amosar como determinadas marcas de roupa posuen elementos químicos tóxicos para a saúde. Este estudio basouse no análise das pezas de roupa en 29 países diferentes.

As substancias químicas atopadas poden producir trastornos hormonais ou incluso cancro.
Os productos que provocan trastornos hormonais poden afectar aos sistemas de reprodución e alterar o desenvolvemento sexual dos animais. E aos que producen cancro poden afectar gravemente a saúde humana.
Greenpeace pide a estas marcas ( Mango, Levi´s, H&M, Calvin Klein, Zara) que traballen cos seus proveedores para eliminar ditos productos contaminantes.



viernes, 22 de febrero de 2013

Medidas a favor da contaminación

En Bogota estanse realizando probas de control atmosféricas as motos, neste ano restrinxíronse máis de 500 por non pasar as probas.
O principio fundamental polo que se realizan as probas e porque as motos aportan máis de 1400 t  anuais de material particulado e se se consegue reducir isto mellorarase a calidade do aire.
Xa que os gases que emiten as motos (dióxido de carbono, hidrocarburos) causan o 39 % da contaminación na cidade.
Os motoristas que non pasen a proba terán que pagar unha multa de quince salarios mínimos.

- Video explícativo:

Manifestacións reprimidas

O pasado mes de Xunio en Xinhua realizaron unha manifestación a causa do medio ambiente, pero non só se manifestaron senon que tamén asaltáron os órganos estatais, ocasionando danos a propiedade e roubaron. Polo que foron condeados a ano e medio de cárcere.
Incluso un dos manifestantes obrigou ao alcalde a vestir unha camisa cun logotipo en contra da contaminación.

Finalmente, trece dos manifestante foilles conmutada a pena xa que reconoceron o sucedido e mostráronse arrepentidos.
Isto tivo lugar nun momento no que as autoridades chinas comezan a preocuparse polas condición ambientais consideradas como perigosas e nocivas.

- Para máis información : http://www.diariosur.es/rc/20130207/mundo/medio-carcel-protesta-medioambiental-201302071331.html

jueves, 21 de febrero de 2013

Fumo ou contaminación?

Neste video móstrase os problemas de contaminación que existen en China.
As rúas están cheas dun aire espeso que facilmente se pode confundir con fumo , pero que en realidade se trata de contaminación. A causa principal desto e o uso masivo de carbón. 
Nos últimos anos está contaminación matou a máis de 8000 personas.



A contaminación afecta ata aqueles seres que aínda non teñen vida.

En 2013 publicouse un estudió realizado en 14 países extendidos polo mundo.O seu obxectivo era determinar os efectos da contaminación nun determinado extracto da poboación.
Comprovaron a existencia duns altos niveis de contaminación no aire, aos que estamos expostos todo o tempo, pero nalgún países estas partículas contaminantes teñen máis influencia. Como por exemplo en Pekín, que obligaron ós nenos a permaner na casa mentres houbera altos niveis de polución.

Descubriuse que isto afecta aos seres máis indefensos, que son aqueles bebes que aínda están nos ventres das súas nais.
As nais o estar en contacto cas partículas finas de PM2.5 e PM10 son máis propensas a que os seus fillos nazan cun peso inferior a 2.5 kg.
Este baixo peso o nacer está asociado con cosecuencias graves para a saúde, aumentando o risco de morbilidade e mortalidade perinatal e problemas crónicos de saúde na idade adulta.
Chegou o momento de que os políticos interveñan no asunto.

Para máis información : http://www.diariosur.es/rc/20130206/sociedad/contaminacion-disminuye-peso-recien-201302061250.html

viernes, 1 de febrero de 2013

A vía láctea desapareceu?

Os catrocentos millóns de persoas que viven en Europa non teñen a posibilidade de ver a vía láctea. En cambio os nosos antepasados si que podían facelo, esto débese a contaminación lúminica.

Tras a segunda guerra mundial esta contaminación viuse incrementada, a consecuencia do enrriquecemento dos distintos paises. Os países con máis economía demostrárono aumentando o número de redes electricas, España incorporouse a esta moda fai pouco.

A contaminación lumínica supón unha perda cultural e paisaxística, afecta aos ecosistemas (exp. as aves e tortugas mariñas desoriéntanse ca luz e poden chegar a morrer) e a observación astronómica e a que máis se ve perxudicada (exp. O gran telescópio de Monte Palomar desapareceu ao non poder ver o ceo).

Calquera tipo de fonte artificial implica contaminación lumínica. Pero as fontes máis perxudiciais son as luces que se transmiten de maneira horizontal e para os astrónomos as de ton azul que fan reducir o contraste do fondo do ceo impedindo a observación.
A única forma de solucionar isto é mediante a implicación política e a conciencia cívica.

Medidas políticas con respecto ao medio ambiente

Medio ambiente invertirá 26 millóns de euros en diferentes proxectos en Ourense nun periodo de tres anos. Os políticos dín que queren convertir Ourense na capital ambiental de Galicia e a única forma de conseguir isto é mediante politicas ambientais coordinadas xunto co alcalde de Ourense ( Francisco Rodríguez ).

Os proxectos que se pretenden abordan nos distitos plenos son :

- O primeiro proxecto a tratar será o saneamento de Palmes e Velle.
- Tras isto, no resto dos plenos estarán presentes os proxectos baseados na mellora do resto do entorno rural de Ourense.
- Construción dunha nova pasarela peatonal antes das piscinas, supora a fin do circuito polas marxes do río Miño.
- Actuación na rede de abastecemento da cidade.
- E por último tamén se terá en conta o núcleo piloto de sustentabilidade.

O Partido Popular comprométese a realización destes proxectos xa que os antigos partidos non cumpliron a súa palabra.

jueves, 31 de enero de 2013

O envalse das conchas (Muiños) contaminado

O verán pasado podíase comprobar coa propia vista como o envalse das conchas (Muiños) estaba afectado pola contaminación o atoparse cheo de algas e desprender un mal cheiro.

Os alcaldes da zona discutían sobre que medidas tomar para solucionar isto, pero a contaminación das augas durou máis de dous anos ocasionando graves consecuencias para as xentes da zona.

Reduciuse o turismo, ao non poder bañarse no encoro xa que podía producir danos para a saúde, e polo tanto nos bares da zona producíronse perdas económicas.
O lugar onde máis se producíron estás perdas foi no campamento de verán situado en muiños, onde todos os anos van rapaces a pasar as vacacións e mentras o río estivo contaminado reducíronse en gran número as plazas ocupadas, aínda que baixaron moito os prezos de dito campamento.
E por outro lado tamén se produciu a morte de númerosos peixes.

Finalmente no ano 2012, tras limpar as augas volveu estar permitido bañarse nelas.
- Esperemos que non volva suceder -

jueves, 24 de enero de 2013

Coruña afectada pola contaminación


- Unha ría da Coruña converteuse nunhas das máis contaminadas de Europa, xa que está chea de chatarra a causa das poboacións chabolistas situadas preto dela.

Agora a xunta de Galicia volveuna a abrir, pero os marisqueiros néganse a traballar nela, e ademáis a contaminación esquilmou a ría polo que non puideron retirar o marisco en catro anos. E foron as xentes da poboación chabolista quen se encargaron de roubar ditos crustáceos.

Polo que está ría pasou de ser unha das máis productivas a ser tan só miseria.


viernes, 11 de enero de 2013

A nosa provincia tamén se ve afectada pola contaminación

A nosa propia cidade - Ourense - está contaminada ambientalmente.
En Outubro do pasado ano a calidade do aire disminui a causa da gran cantidade de incendios que estaban a ocorrer, rexistrouse unha concentración media de PM10(contaminante procedente da combustión durante os incendios forestais) de máis de 123 microgramos por metro cúbico ata alcanzar incluso 151.

Nestas situacións existen dous niveis de emerxencias:
- Limiar de atención ( Actívase cando a concentración supera os 120 microgramos por metro cúbico)
- Limiar de alerta ( Actívase cando a concentración supera os 150 microgramos por metro cúbico)


Ambas dúas superáronse, pero non foron activadas na cidade de Ourense. A administración non considerou que se poducise un nivel de alerta suficiente, xa que os niveis non se conservaron durante 24h.
Pero en cambio si foi activada en Laza e en Verin, sen embargo os niveis do aire de ambas comarcas tampouco permaneceran estables durante todo día.
Os expertos consideran que este aire é altamente prexudicial para as persoas xa que pode ocasionar enfermidades respiratorias e aconsellan que se tomen medidas.

Para máis información : http://elpais.com/diario/2011/10/19/galicia/1319019491_850215.html